Monday 29 de April de 2024

O Concello potencia o tecido empresarial da cidade a través da web Business Narón


O Concello de Narón continúa traballando no proceso de actualización da web Business Narón -http://business.naron.es/- e tal e como avanzou o edil de Promoción Económica, David Pita, ofrécese ás empresas locais a posibilidade de formar parte da mesma. “Todas aquelas empresas interesadas poden contactar con nós para que se realice un vídeo e fotografías que se incluirán na web, co fin de posicionar os negocios locais nas redes sociais”, explicou Pita.

Aqueles empresarios e empresarias interesados na iniciativa deben enviar un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es, indicando o nome da empresa, o da persoa de contacto e un teléfono para poder acordar o momento no que se realizará o traballo. Para calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 981 337 7 00 (Extensión 1204).

“A través desta iniciativa queremos dar a coñecer o gran potencial das empresas asentadas na cidade, de moi diversos sectores e que realizan un destacado labor nas súas respectivas áreas”, recalcou o edil naronés.